Dos hombres entrenando en una sala fitness en un gimnasio en Vigo

En Máis que Auga somos de retos!

12/12/2016

En Máis que Auga tomámonos moi en serio os retos e sobre todo cando están na lista de propósitos que todos facemos coa entrada dun novo ano. Así que a partir de xaneiro en Máis que Auga Navia ofrecémoste un novo servizo: o Reto 3M, un adestramento grupal para alcanzar un obxectivo concreto común para todos os integrantes.

O Reto 3M ten unha duración de 3 meses e cada un dos participantes debe comprometerse a permanecer este período xa que senon o obxectivo quedaría desvirtuado. O obxectivo que temos escollido para este primeiro trimestre de 2017 é o da pérdida de peso, aproveitando a volta do nadal e os novos propósitos. ·

O servizo inclúe:

  • Adestramento grupal dirixido por un técnico especializado en función do obxectivo
  • Programa de adestramento individualizado en Training Gym
  • Grupos reducidos, entre 5 e  15 participantes na actividade
  • Valoración e seguimiento personalizado cada 15 días.  No caso do obxectivo pérdida de peso facemos control de peso e medición de perímetros
  • O coste é de 20 euros mensuais
  •  Os interesados poden apuntarse na sala fitness de Navia, pregutándolle directamente ao técnico de sala