EN MÁIS QUE AUGA PODERÁS UTILIZAR O BONO DEPORTE DA XUNTA!

03/01/2024

Comezamos o ano 2024 cunha nova que pensamos que pode ser beneficiosa e interesante para ti. Máis que Auga é un dos centros adheridos ao Bono Deporte da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo axudar as familias nos gastos derivados da práctica deportiva dos nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos, que sexan federados ou inscritos no programa Xogade.

 

Desta forma, se ti es un dos beneficiarios/as do Bono Deporte, en Máis que Auga poderás utilizalo en calquera dos nosos servizos (cursos, cotas de socio, reservas de pistas de pádel, fisioterapeuta o nutrición, material, entradas libres ao centro…). Cada vale terá un valor de 120€ e cando realices unha compra, a APP Bono Deporte realizará o desconto do 80% de forma automática.

 

Non te despistes porque xa sabes que este tipo de bonos voan! A descarga do Bono Deporte poderá realizarse a partir do 8 de xaneiro, e en principio estenderase ata o 29 de febreiro, salvo que se esgote antes o crédito do programa. O prazo de validez do talón será ata o 1 de xullo.

 

A continuación, tes a ligazón a páxina web, na que se explican os pasos a dar, tanto  por parte dos beneficiarios como dos centros adheridos.

Esperamos que esta información sexa do teu interese e poidas sacar proveito deste novo programa da Xunta de Galicia.