En Máis que Auga os usuarios importan

05/04/2018

As instalacións deportivas Máis que Auga queren ser referentes dunha idea de atención e servizo aos clientes a un prezo equilibrado e para conseguir ese obxectivo traballamos e melloramos constantemente.

Moitos esforzos concéntrase no área de atención ao cliente, que non é só o servizo de recepción, aínda que este é o máis visible. Máis que Auga aspira a que cada un dos seus traballadores manteña unha relación de calidade cos usuarios non só nos aspectos técnicos, senón tamén respecto á información e atención sobre o servizo. E periodicamente facemos sesións de formación para o noso equipo, a última delas dirixida por Pablo Viñaspre, recoñecido consultor nacional sobre a experiencia cos clientes.

Anualmente realizamos unha enquisa de satisfacción entre os usuarios: en 2017 analizamos as respostas de máis de 2.600 socios consultados, 56% mulleres, 44% homes, que valoraron moi positivamente, 7,5 sobre 10, a súa experiencia dos centros Máis que Auga.

Consultas desde as redes

Tamén nas nosas redes sociais estamos a vosa disposición para as consultas específicas. Facebook concentra a maior parte das mensaxes directas remitidas polos nosos usuarios, como corresponde ao seu maior número de usuarios. O seu sistema específico de mensaxería privada é unha canle cómoda para a vosa comunicación, na que temos acreditado un tempo de resposta medio dun día. As dúbidas máis frecuentes son sobre aspectos concretos dos nosos servizos, modalidades de abono ou cambios de horarios de actividades.

Instagram é a nosa rede máis recente e ten un forte impulso de crecemento, un +45% durante o último ano, o que nos obriga a atender tamén aos moi activos e instantáneos usuarios desta canle social.

En Twitter o número de mensaxes recibidas é moito menor, pero atendemos tamén unha certa cantidade de mensaxes concentrados sobre todo nas incidencias ou comentarios de actualidade. O mellor destas mensaxes é que nos axudan a detectar posibles problemas nas nosas instalacións.

Por último, a través das fichas dos tres centros en Google recibimos tamén centos de comentarios (case 800 en 2017), que moitas veces precisan de resposta.

En Máis que Auga, estamos conectados cos usuarios e agardamos seguir dando resposta, oral ou escrita, as vosas consultas o máis rapidamente posible. Grazas pola vosa paciencia.