En Máis que Auga os teus límites fanse flexibles

15/10/2017

“Inspira profundamente, traslada a túa cabeza a un lugar no que che gustaría estar neste momento, absorbe toda a enerxía positiva e pensa no bonito da vida” Esta é unha das instruccións que podemos escoitar nunha clase Balance Máis que Auga (MQ Balance) unha nova actividade que vimos de por en marcha en Máis que Auga Barreiro e que imparte Judit Camesella todos os xoves ás 11.30 horas.

Tal e como podemos deducir do seu propio nome o Balance Máis que Auga  busca o equilibrio do corpo e da mente ao través de tres disciplinas diferentes pero con certas similitudes entre elas: ioga, pilates e taichi.

Balance Máis que Auga  é un adestramento suave que pode practicar todo o mundo incluso as embarazadas. Pero non por suave deixa de ter moitos beneficios:  gáñase moita flexibilidade, forza e tonificación muscular. Tal e como explica Judit: “O Balance Máis que Auga permíteche superar límites, desconectar, buscar no teu interior, controlar a enerxía e disfrutala”

A nivel estético o Balance Máis que Auga resulta moi atractivo porque se traballa con diferentes secuencias e posturas que se compaxinan con diferentes músicas e que teñen como resultado uns movementos cargados de armonía e beleza. Non perdas a oportunidade de probar esta actividade que ademáis é gratuita. Verás como en Máis que Auga os teus límites fanse flexibles.