En Máis que Auga o Black Friday comeza o luns 25 e dura cinco días!

22/11/2019

O Black Friday tamén chegou a  Máis que Auga! Pero para nós non é suficiente co venres… Ampliamos e o Black Friday pasa a ser Black Week! Se tiñas pensado facerche socio de  Máis que  Auga, este é o momento!

 

A nosa campaña estenderase do luns 25 (a partir das 08:30 horas) ao venres 29 de novembro e será para todas aquelas altas que se efectúen tanto de forma presencial nos centros como vía web. É unha promoción válida para os nosos tres centros só nas cotas plus e …. queredes saber en que consistirá? Aquí tedes a explicación:

 

A aquelas persoas que se dean de alta durante o noso Black  Friday non se lle cobrarán os días que faltan do mes de novembro, nin a mensualidade do mes de decembro! Só terán que abonar a cota de inscrición Boomerang que, como o seu nome indica, volverá ao abonado, xa que se converterá na décimo segunda cota mensual a custo cero cando supere o ano como abonado: É a nosa forma de premiar a fidelidade dos nosos socios!

Podes contratar o teu abono no seguinte enlace:

Aproveita o noso Black Friday!