En Máis que Auga, formación e novas tendencias en auga

27/04/2019

O próximo día 19 de maio celebrarase en Máis que Auga Navia o “Galicia Aqua Summit” un curso de formación en auga adicada a profesionais do sector e no que se incluirá unha superclass internacional gratuíta para os nosos abonados.

Será a primeira vez que se realice en Galicia un evento deste tipo, con formadores internacionais e do máis alto nivel.  O obxectivo fundamental é formar aos nosos técnicos nas novas tendencias en auga nunha reciclaxe continuada para ofrecer así o mellor servizo aos nosos clientes.

Esta formación está aberta a todos os técnicos do sector que poderán coñecer as últimas tendencias en auga aquí, sen necesidade de desprazarse a Portugal ou o sur de España, onde habitualmente impártense estes cursos.

Os profesionais do sector que se queiran inscribir teñen dous prazos e dous prezos diferentes. Aqueles que o realicen antes do 31 de abril terán que abonar 50 euros, mentres os que se apunten despois pagarán 70 euros. En total son dez as masterclass que se impartirán e o custo dá dereito a estar na auga en 4 delas e no resto como observador. Os formadores son especialistas de gran recoñecemento como Joana Nunes, Inés Oliveira e Francisco Estevao (Portugal), Laura Romeu (España), André Coelho (Brasil). Podes consultar toda a información sobre o evento e rexistrarche en http://www.h2otraining.net/

Clase especial para abonados. Os nosos socios/ cursillistas terán a oportunidade de asistir a unha masterclass especial internacional de “Aqua Latin Power”, que se celebrará o mesmo día 19 de maio ás 10.00 horas. A inscrición realizarase na recepción dos nosos centros para partir do 2 de maio, ata completar aforamento.