Estes días, do 12 ao 18 de decembro, estamos a celebrar nos nosos centros Máis que Auga a Semana de Portas Abertas á Familia, nos cursos de natación para nenos/as.
Son uns días moi especiais para todos: os “peixiños”, a familia e os profes, xa que se viven moitos nervios e emoción nos máis pequenos/as. Eles están a desexar mostrar a súa evolución, ensinar aos seus todo o que aprenderon a facer na auga, e os proxenitores (e tamén moitos avós/as) sorpréndense ao ver o moito que aprenderon e o ben que o pasan na auga.
Así, unha vez comezaron as clases, os integrantes do núcleo familiar pasan á zona de augas e desde o lateral poden ver as clases, facer fotos, gravar vídeos… en suma, gozar das súas “miñocas”,” tartarugas” ou “luras”. Ademais, tamén teñen a oportunidade de falar coas súas profes, que lles explicarán como foi a evolución do seu pequeno/a durante estes meses e cales serán os próximos obxectivos.
O noso técnico Dani Domínguez cóntanos que son uns días moi especiais e que os peques están supercontentos. “Facemos exhibición das habilidades adquiridas nestes meses e no tramo final, xogos, nos que os peixiños gozan moito”.
A Semana de Puertas Abertas regresou neste 2022, despois de dous anos de ausencia por culpa da pandemia da COVID -19. Esta actividade celébrase dúas veces ao ano (en xuño e decembro) e no mes de xuño deste ano xa houbo Semana de Puertas Abertas, pero nese momento aínda con algunhas restricións polas máscaras.