Ejercicios de espalda en piscinas de Vigo

En Máis que Auga coidamos das túas costas

29/03/2017

Se tes algunha doenza ou lesión nas costas seguro que che interesa a nova actividade que vimos de por en marcha en Máis que Auga Navia: Costas Sas, unha actividade que se desenvolve na auga e que está dirixida a aliviar a dor derivada de lesións e a mellorar hábitos posturais.

O traballo que se fai na clase se orienta á patoloxía concreta de cada persoa. Tamén se traballa a mobilidade da columna vertebral e se fortalece a musculatura das costas .

Antes de iniciar a actividade, o usuario ten unha revisión coa nosa fisioterapeuta quen realiza unha diagnose da doenza e sobre a que posteriormente o noso técnico traballará na clase. Ao finalizar cada mes o usuario ten de novo unha cita coa fisio para  valorar o traballo feito e comprobar se se está mellorando a diagnose inicial.

Na actividade poden participar  8 persoas como máximo e para acceder a ela e é imprescindible ser socio de Máis que Auga. O custo é de 20 euros ao mes por un día á semana e as clases, de 45 minutos, son:

Martes: 11.45h.

Xoves: 11.45h.

As inscricións se realizan no centro de atención ao socio de Máis que Auga Navia.