En Máis que Auga Barreiro o aparcamento non é un problema

13/09/2019

Achegarse ata o  Máis que  Auga de Barreiro non pode ser máis sinxelo e cómodo. Así que se aínda non che apetece volver ao ximnasio non poderás utilizar a escusa de que non tes sitio onde aparcar ou que tes que abonar un aparcadoiro durante a túa estancia no  gym. Vas ter que cambiar de xustificación, porque en Barreiro podes aparcar de forma gratuíta e a escasos metros das nosas instalacións.

Para os usuarios do barrio a opción de camiñar é a mellor e máis saudable, pero aqueles que se achegan desde máis lonxe ata o noso centro contan con moitas e variadas posibilidades e todas son moi cómodas.

Bus urbano: Podes chegar ata Máis que  Auga Barreiro en autobús, xa que son cinco as liñas de  Vitrasa con parada a 50 metros da porta das nosas instalacións. E cunha frecuencia de cada quince minutos aproximadamente.

Coche: Nos arredores do centro hai máis de 300 prazas de aparcamento, polo que se te desprazas no teu vehículo particular non terás problemas para atopar o teu oco. Ademais de que existen moitas prazas nas rúas que rodean o Máis que  Auga,  a escasos 30 metros de  MQA contamos cun aparcadoiro municipal gratuíto, onde podes deixar o teu coche.

Moto: Co noso aparcamento para motos na porta, esta é outra magnífica opción para achegarse ata Barreiro, sobre todo cando hai bo tempo.

 

Bicicleta: Para aqueles que xa queren ir facendo deporte, a bicicleta é un método saudable e divertido, que ademais desde este verán conta cunha zona de estacionamento no acceso ao centro.