gimnasios Vigo

En Galiexpo, máis fortes que nunca

Ninguén quedou sen levantar a pesa Máis que Auga na feira Galiexpo Bike & Running esta fin de semana. E é que foron moitos os visitantes que se achegaron ao noso stand para pedir información, procurando un centro deportivo pensado para as súas necesidades. Moitos deles hoxe xa forman parte da familia Máis que Auga.

Foron tres días de vertixe. A medida que a urna na que sorteabamos un patinete eléctrico e seis meses de Máis que Auga gratis se ía enchendo, a nosa pesa non paraba no chan nin un segundo. Mesmo recibiu a visita do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que non quixo deixar pasar a oportunidade de demostrar que está en forma.

O domingo, día Galiexpo por excelencia, chegou o momento máis agardado para todos os asistentes ao evento. Deceas de persoas achegáronse en masa ás 19.00 horas á carpa Máis que Auga para ser testemuñas da resolución do noso sorteo. Finalmente houbo que parabenizar a Eva Cendón e Jorge Sousa, os afortunados. A primeira, poderá gozar de seis meses gratis con nós, polo que non tardaremos en vela polas nosas instalacións e, o segundo, poderá vir a visitarnos sobre rodas.

Pasámolo tan ben que nos quedaron gañas de máis. Pero, sen dúbida, o mellor de todo foi poder compartir a experiencia cos nosos usuarios, que non faltaron á cita, e con todas aquelas persoas que se achegaron a coñecernos. Agardamos vervos pronto a todos e a todas!