En Coia levamos a sala fitness á auga con Quartet PoolGym

27/08/2019

En  Máis que Auga Coia outra das novidades que imos presentar neste inicio de tempada é a posibilidade de facer fitness na auga con “Quartet PoolGym”. É unha máquina  hidrodinámica para catro persoas, que permite exercitar diferentes partes do corpo (pernas, brazos, abdominais…).

O Quartet PoolGym estará instalado nunha esquina da piscina grande de  Coia e permitirá á xente que lle gusta a auga e o fitness unir ambas as experiencias, nunha combinación que resulta do máis atractiva, divertida e efectiva.

Este exercicio ten múltiples aplicacións. É moi positivo para rehabilitación no caso de lesións, xa que che permite unha mellor recuperación muscular e articular. Tamén é beneficioso para el estrés e coa masaxe acuática “mellórase a forza muscular e revitaliza o ton da pel”. Por último destacar que axuda a reducir a celulite e a queimar calorías cun esforzo mínimo.

Así que para todas esas persoas ás que lle gusten os aparellos de  cardio e forza pero tamén a auga, pode ser a combinación gañadora! E esta nova actividade está incluída no carné de abonado, polo que todos os socios poderán gozar da mesma sen custo algún.