EN AGOSTO FAREMOS AS TAREFAS DE MANTEMENTO NA ZONA DE AUGAS

17/07/2022

Como todos os anos, faremos en agosto as tarefas de mantemento da zona de augas (piscina, spa e sauna) nos nosos centros Máis que Auga. É unha revisión necesaria e obrigatoria (cumprindo a normativa da Consellería de Sanidade) que facemos no mes no que hai menos incidencia para as e os nosos usuarios. Por suposto, sabemos que sempre afecta, polo que pedimos desculpas de forma anticipada.

 

Desta forma, no caso de Coia o peche será na primeira quincena de agosto (do 1 ao 15), mentres que os centros de Navia e Barreiro realizarán as tarefas de mantemento na segunda quincena (do 16 ao 31). Os nosos socios e socias poderán acceder á zona de augas que estea aberta durante esta rotación  (Navia e Barreiro na primeira quincena, e Coia na segunda), independentemente do centro ao que pertenza (sempre respectando as condicións do seu abono).

 

O horario da zona de augas durante o mes de agosto será de 07:00 a 14:30 horas e de 17:30 a 23:00 horas de luns a venres, mentres que o sábado o horario será de 9 a 14 horas.

 

Por outra banda, recordade que os centros permanecerán abertos de luns a venres de forma continuada de 07:00 a 23:00 horas, excepto nas quincenas nas que se realicen os mantementos da zona de augas xa que se pechará ao mediodía (de 14:30 a 17:30 horas). O sábado o horario será de 09:00 a 14:00 horas.