En 2019, a familia Máis que Auga chegou aos 19.000 membros!

12/01/2020

Somos unha familia moi ampla, con membros de todas as idades, pero un obxectivo común: Ter unha vida sa e activa! Así, Máis que Auga pechou o ano 2019 con 19.000 socios e un total de 1.272.660 accesos nas tres instalacións, o cal amosa que non só temos abonados, senón que ademais estes son activos.

 

Tamén hai que destacar que contamos con case 7.000 cursillistas de auga e preto de 2.000 de seco e sen esquecer aos nosos “tolos polo pádel”. Neste pasado ano se reservaron 31.000 horas nas instalacións de pádel (21.000 en Navia e 10.000 en Barreiro).

 

Coia
O centro de Coia conta con 6.164 socios, dos cales o 44,5% son mulleres, fronte ao 55,5% de homes. O promedio de cursillistas en piscina neste ano foi de 1.202 (nenos) e 1.003 adultos, mentres que tivemos 521 cursillistas en seco (500 adultos e 21 nenos).

 

Outra das cousas que temos que agradecer é a fidelidade dos nosos socios. Máis do 58% levan con nós máis de dous anos e os días preferidos de asistencia son os luns, martes e mércores. Aínda que temos abonados de todas as idades, as persoas de entre 40 e 49 anos son as da porcentaxe máis alta (case un vinte por cento).

 

Barreiro
En Barreiro hai preto de seis mil abonados (5.778) e aquí está tremendamente igualado a porcentaxe entre homes e mulleres (49 por centro mulleres).

 

Ademais hai que destacar que os usuarios de Barreiro son dos máis activos, xa que ten 408.455 accesos ao ano (máis que Coia, a pesar de que Barreiro ten algún abonado menos). En canto a cursos, 1.270 nenos van aos cursos de natación e 987 adultos, mentres que houbo 616 persoas nos cursos de seco.

 

No centro de Barreiro, o 56,53% dos abonados teñen máis de dous anos de antigüidade e os días de maior asistencia tamén son o luns, martes e mércores, sendo o preferido o luns cun 20,6%. A media de accesos ao centro mensual durante o ano 2019 foi de 31.916 e o case o vinte por centro dos abonados son persoas maiores de 60 anos.

 

Navia
Navia conta con case 7.000 socios (6.965) cun reparto de xénero moi similar ao de Coia (44% son mulleres e o 56% homes). Con respecto aos accesos totais destacar que houbo 482.326 accesos en total no ano e a media de cursillistas de auga foi de 2.335 (1551 nenos e 784 adultos) e de seco foron 828.

 

Como no resto das instalacións o tramo de idade prioritario en Navia é o de entre 40 e 49 anos, neste caso cun 27,32% e destaca o feito de que este é o centro cunha porcentaxe menor de xente da terceira idade, en parte debido a que é o barrio máis novo de Vigo.

 

Os días preferidos son os mesmos (luns, martes e mércores) e a franxa horaria de maior ocupación é a tarde-noite (de 16:00 horas ata o peche), cun 42,86%.