ELIXE O MODELO DE MÁSCARA MAIS ADECUADO PARA FACER DEPORTE

16/09/2020

Agora que o uso da máscara é obrigatorio nos ximnasios galegos por orde da Xunta de Galicia, temos que buscar o modelo máis adecuado para practicar deporte nas mellores condicións posibles.

 

A máscara cirúrxica, que é a máis utilizada no día a día, non é a idónea para a práctica deportiva, xa que ao respirar máis rápido e coa suor humedécese, o tecido pégase á cara e ademais estrágase moito antes. Por iso, para o deporte o mellor é apostar polas chamadas máscaras deportivas, que están especialmente fabricadas para deportistas e evitan a sensación de afogo. Estas máscaras están elaboradas a base de tecido, pódense lavar na lavadora e ademais son transpirables.

 

Hoxe en día case todas as marcas deportivas presentaron a súa propia liña de máscaras, polo que poderedes elixir entre unha ampla oferta. No momento da elección debedes fixarvos en aspectos importantes, como o número de usos de cada máscara (cuantos lavados pódense realizar) ou o número de horas que podes usala sen que diminúa a protección. En Máis que Auga temos á venda unha máscara de tea, lavable con filtro e con vinte lavados, ademais cun deseño que é “todo corazón”. Se estades interesados nela, só tedes que preguntar na recepción de calquera dos nosos centros.

 

A continuación, tedes a ligazón cun artigo sobre as claves na elección das máscaras para facer deporte.