ELENA E MÓNICA PUXERON UN PLAN A NA SÚA VIDA

12/11/2020

Neste ano de tolemia, Elena e Mónica decidiron que era o momento de dar un cambio á súa vida e non o dubidaron: Apostaron polo seu Plan A. Non buscaron atallos, sabían que a mellor opción é unha combinación de boa nutrición, actividade física e asesoramento polos mellores profesionais.

 

Mónica Rey

E así comezou o seu Plan A! Un proxecto de tres meses, absolutamente personalizado, no que irán acompañadas polo noso técnico Alex, a responsable do gabinete de nutrición Conchi, o noso fisioterapeuta Martín… E moitos máis profesionais de Máis que Auga, que servirán de apoio cando sexa necesario. Cada usuario terá o seu titor, que irá realizando un seguimento da súa evolución para garantir os resultados. O programa inclúe tres escaneos  Styku (que permitirá ver a evolución no corpo), tres sesións de fisioterapia e adestramentos en grupo, ademais do asesoramento personalizado dos diferentes departamentos implicados.

 

Mónica Rey, colleita do 72 como ela chancea, ten tres fillos (de 20, 18 e 11 anos) e un blog de moda, que é o seu hobby e entretemento. Aínda que é socia de Máis que  Auga desde fai xa cinco anos, nos últimos anos notou que o seu peso é moi inestable: “Nos dous últimos anos, o meu peso é un yoyo, subo e baixo sen parar. Xa non é cuestión de estética, senón de saúde.  Está claro que a todos nos gusta vernos ben e eu quero volver gustarme. Creo que ese é o meu obxectivo, volver gustarme, ter máis seguridade e saúde”. E comezou a aventura! Despois de pasar consulta con Conchi, Martín e Alex, esta semana iniciou a súa preparación no ximnasio! Mónica asegurou que “está encantada”, aínda que iso si “con maniotas ata nas pestanas”. O mellor de todo é que nunca estará soa, xa que irá acompañada nesta aventura por Máis que Auga para lograr o obxectivo que se marcou xunto cos técnicos: Baixar 18 quilos e mellorar a súa condición física.

 

Elena Rodríguez

Agora coñeceremos a Elena Rodríguez Sobrino, de 43 anos de idade. Elena pasouse toda a vida facendo dietas e tentando ir ao ximnasio, pero sen moito éxito. “A primeira vez que me fixen socia de Máis que  Auga foi en 2015, pero dinme de baixa varias veces. O que facía era ir a piscina e algunha vez a sala, pero pouco máis. Cando máis constante fun, foi durante o primeiro embarazo, que ía ás clases de Jana”.

 

E por que o Plan A? Elena teno claro: “Levo toda a vida facendo dietas e este plan pareceume completo, porque sen axuda non faría deporte e creo que é bastante importante”. O seu obxectivo fundamental é atoparse mellor, xa que a súa calidade de vida empeorara sensiblemente co sobrepeso: “O único obxectivo que teño é conseguir atoparme mellor fisicamente, porque co sobrepeso que teño, e isto cada vez ía a máis, os xeonllos téñoos esnaquizados”, asegura a nosa socia que tamén xa iniciou o seu programa, con moito optimismo e confianza.

 

Se queres coñecer un pouco máis este programa e as súas condicións, clica na seguinte ligazón. Poñerémonos en contacto contigo e informarémosche do seu funcionamento e compromisos.