O DOMINGO 13 FAREMOS A RUTA CABO HOME, PASANDO POR PRAIAS, MIRADOIROS E FAROS

09/09/2020

Miúda proposta que temos para este domingo, 13 de setembro! É unha desas marchas que seguro que non vos queredes perder, porque o ten todo: Actividade física, boa compañía, diversión, magníficas vistas, paraxes inesquecibles… A que vos apuntades?  Será a roteiro Cabo Home, con punto de partida na praia de Nerga ás 9:30 horas (08:30 horas, en Máis que Auga Coia). Será un roteiro circular duns 13 quilómetros aproximadamente, no que atravesaremos as praias de  Nerga, Viñó e Barra, visitaremos os tres faros de Cabo Home, pasaremos pola praia de Melide e a Costa da Vela en dirección á famosa Caracola do escultor Lito Portela e o miradoiro do Monte Facho. Sen ningunha dúbida, a subida a Monte Facho é o tramo máis esixente, aínda que a vista ben merece a pena! E regresaremos de novo para finalizar en Nerga, onde poderemos gozar da praia e dunha boa comida en compañía dos nosos compañeiros “marchosos”.

 

Requisitos imprescindibles: Crema protectora para o sol,  viseira ou gorra, roupa e calzado adecuado para realizar un roteiro, auga (xa que só hai unha fonte, no quilómetro 10 aproximadamente), comida para o camiño (froitos secos, froita, algunha  barrita  enérxetica…) e claro, a nosa compañeira infalible nestas últimas semanas: A máscara, para cumprir con todas as normas de seguridade necesarias.

 

Estamos convencidos de que o percorrido vos vai a encantar e moito máis, despois de ver o vídeo que nos prepararon os nosos compañeiros.

Ruta Cabo Home

Así que só vos queda acudir á recepción de calquera dos nosos centros e apuntarvos a esta actividade, que como ben sabedes é gratuíta para os nosos abonados/as e cun prezo de 4 euros para o resto (iso si, hai que contratar o seguro obrigatorio para as actividades no exterior, que ten unha vixencia dun ano e custa dez euros).

 

Na seguinte ligazón, tedes o punto de encontro para comezar a marcha.