Niños en clases de zumba en gimnasio Vigo

Educamos aos nenos na actividade física

07/02/2017

As medidas máis eficaces para previr o sobrepeso en nenos e adolescentes son: ter unha alimentación sana e equilibrada e a actividade física. En Máis que Auga tomámonos moi en serio esta cuestión e educamos aos nenos na práctica do exercicio, por eso contamos cun gran número de actividades dirixidas a rapaces de entre 4 e 14 anos: natación, pádel, wodfit,  zumba, fitness xove, taekwondo, karate, ioga e pilates. Por suposto todas as clases están adaptadas a súa idade e preparación.

Dende Máis que Auga queremos combatir tanto a obesidade como a inactividade física: as clases están pensadas para que os nenos gocen e se relacionen con  rapaces da súa idade de xeito real e non só virtual como adoitan facer neste tempos da era dixital.

O 25 % dos nenos e adolescentes de entre 2 e 17 anos  teñen sobrepeso no noso país e o 15 % son obesos, segundo un estudio da Sociedade Española da Ciruxía da Obesidade. A Organización Mundial da Saúde leva anos advertindo que a obesidade infantil é un dos problemas de saúde máis graves deste século.

Fomentar o exercicio físico na poboación infantil é unha responsabilidade que nos atinxe a todos e que para Máis que Auga supón unha prioridade.