E se toca en Máis que auga?

04/12/2018

Que fariades con 400.000 euros? É unha pregunta, ás veces, difícil de contestar. Un coche, unha casa, unha viaxe arredor do mundo, media vida sen traballar… En Máis que auga, dende logo, non cremos no imposible e, por iso, compartimos cun de vós unha nova ilusión: a da lotería de Nadal.

Dende hoxe, ofrecémosvos a posibilidade de compartir dende o Premio Gordo ata o 5º da lotería, xogando con nós aos números 11010 e 93825. Para que poidamos ilusionarnos xuntos, sorteamos un décimo de cada número cun dos nosos seguidores en Facebook. En caso de obter premio, desvelaremos o gañador o vindeiro 22 de decembro, e o agraciado por fin poderá descubrir que é o que devece por facer. Se non cae o Gordo, non vos preocupedes, temos ata o 5º premio para cruzar os dedos. Pero non todo está perdido! En caso de que o premio fora menor, doarémolo a unha ONG.

En Máis que Auga sabemos que estamos arrodeados de persoas xenerosas. Podedes participar no sorteo a través do noso Facebook ata o 21 de decembro ás 23.59 horas. Avisade aos vosos amigos e familiares para que non perdan a oportunidade de facelo tamén.

Pode que a sorte esté botada pero, dende logo, os máis afortunados somos nós.

Non esquezades consultar as bases legais.