E os elexidos son….

22/03/2016

O xurado xa decidiu ás 12 persoas elexidas para protagonizar, coa súa imaxe, a campaña publicitaria que porá en marcha Máis que Auga. E os afortunados e afortunadas son:

Socios seleccionados: Noa Rodríguez Comesaña, Armando Pereira Bandeira e María Purificación Fernández Fernández, polo centro de Barreiro. Juan Justo Fernández, polo de Coia. E Iago Soto Domínguez e Mabel Fernández Fernández por Navia.

Os seis clientes seleccionados de Máis que Auga teñen como premio un abono anual de balde para este 2016.

Profesionais de Máis que Auga: Javier Vázquez Mayo e Flaviana Ozinete de Alencar, por Coia; Carla Paola Striccoli Gozza e Marco Fernández Riesco, por Barreiro, e Janaína Nogueira Pavia e Aitor Domínguez, por Navia.

Os profesionais de Máis que Auga tamén reciben premio pola elección, aínda que neste caso son obsequiados cunha fin de semana de turismo rural.

Desde Máis que Auga queremos dar as grazas a todos os participantes. Aos case 110 que comezaron este casting, aos finalistas e aos gañadores finais. Foi para nos unha experiencia enormemente positiva contar con xente coma vos, tan alegre e disposta, participando nesta iniciativa.

Grazas de novo por regalarnos o voso sorriso. E felicidades aos premiados!