DURANTE AS FESTAS DO NADAL, EN MQA NAVIA TEMOS ACTIVIDADES PARA OS PEQUES TAMÉN POLA MAÑÁ

28/12/2022

Coa chegada das vacacións escolares do Nadal, chegan os problemas para moitas familias, que teñen dificultades para coordinar os traballos dos proxenitores coa estancia de peques en casa. Así, do 26 de decembro ao 9 de xaneiro, en Máis que Auga Navia modificamos os horarios das clases dos pequenos/as da casa, co obxectivo de cubrir mellor as necesidades das nosas familias.

 

Desta forma, pola mañá introducíronse varias clases incluídas no abono (cota familiar), para que así teñan @s nen@s unha opción de entretemento divertida, saudable e a cuberto, que, con estas choivas, parece a mellor opción.

 

Así poderán acudir a clase de zumba tres días á semana (martes, xoves e venres), nas que os máis peques divertiranse bailando ao son da música. Ademais, tamén hai unha clase de crostrainning o venres. En crostrainning júnior os participantes realizan unha clase na que se traballa a forza, a axilidade e a coordinación. O obxectivo fundamental é preparalos cara á súa incorporación á sala (a partir dos 14 anos, con asesoramento dos nosos técnicos/as).

 

Por suposto, mantéñense clases pola tarde, para aquelas familias que prefiren vir de tarde e, se cadra, buscan compaxinar as clases dos adultos coas dos menores. Para que saibades todas as opcións existentes e os seus horarios, aquí tedes a ligazón co cuadrante de actividades en sala.

Abono Familiar. Lembrade que estas actividades incluídas no abono son para os socios que teñen o abono familiar, polo que o titular poderá incluír a cónxuxe e fillos/as (menores de 14 anos) a un custo reducido. Se a toda a familia lle gusta facer deporte, non dubidedes en consultar na recepción dos nosos centros por esta opción, porque poderedes acudir á enorme oferta de clases incluídas en abono, e ademais, se contratades cursos de pago a maiores tanto para adultos como os menores, o prezo redúcese á metade.