DO 24 AO 30 DE ABRIL, BAUTISMO DE PÁDEL EN MÁIS QUE AUGA

19/04/2021

Aínda non colliches unha pa de pádel? A que estás a esperar? É un deporte social, divertido, alcanzable, no que non é necesario unha gran preparación física para botar unha partida e unhas risas cuns amigos. Desde hai uns anos non deixa de crecer o número de “adictos” a un deporte que engancha. Así que a Academia de Pádel Máis que Auga pretende engancharte e vaino a facer co “bautismo de pádel” que realizaremos nas nosas instalacións de pádel de Navia e de Barreiro.

 

En que consiste o bautismo de pádel?

Do 24 ao 30 de abril convidámosche a asistir nas nosas instalacións a unha clase grupal dunha hora con monitor, na que poderás coñecer, de forma gratuíta, a nosa metodoloxía de traballo. Esta actividade está dirixida a adultos, polas mañás en Navia e polas tardes en Barreiro (do 26 ao 30 de marzo) e o sábado 24 será pola mañá en Barreiro. Se non contas cunha pa, non te preocupes, que se che fará un préstamo.

 

Pola situación sanitaria que estamos a vivir pola COVID-19 tanto xogadores/as como monitores terá que levar máscara durante a práctica deportiva e ademais cumpriremos coas normas de distanciamento social necesarias, coa vantaxe de que é un deporte que se xoga en espazos moi amplos, abertos e  ventilados, polo que o risco de contaxio é mínimo.

 

Todas as persoas interesadas en coñecer o pádel e a academia  MQA poden facer a súa reserva na seguinte ligazón, na que poderán seleccionar día, horario e instalación, entre todas as prazas dispoñibles. Non te despistes, porque son prazas limitadas!

Máis que Auga celebra este tipo de actividades para dar a coñecer o pádel desde o ano 2011, cando comezou coas Semanas de Portas Abertas, na que participaron durante todos estes anos miles de persoas (nenos e adultos) que aprenderon a gozar deste deporte familiar e divertido. Actualmente, a Academia de Pádel  Máis que Auga conta con aproximadamente 750 alumnos e alumnas, nos diferentes niveis, que son dirixidos por adestradores/ as, todos eles titulados.