DO 17 AO 23 DE ABRIL, PORTAS ABERTAS DE PÁDEL EN MÁIS QUE AUGA

09/04/2024

A Academia de Pádel de Máis que Auga volve abrir as súas portas! Do 17 ao 23 de abril celebrarase, nas instalacións de Barreiro e Navia, unha semana de portas abertas de pádel para nenos (dende 7 anos) e adultos. Desta forma, as persoas interesadas en coñecer e “probar” este deporte, poderán facelo de forma gratuíta, reservando a súa praza a través da páxina web de Máis que Auga (prazas limitadas).

 

O obxectivo fundamental desta actividade é mostrar este deporte e a nosa metodoloxía de ensino a aquelas persoas que teñan interese nesta práctica deportiva, que desde hai anos é o deporte social de moda, xa que non esixe unha gran preparación física para comezar a xogar e ademais é un deporte que se practica en grupo, xunto aos teus amigos ou familiares, polo que o bo ambiente, os piques s e as risas están aseguradas.

 

En que consisten as xornadas de portas abertas? Son clases en grupo, dirixidas por adestradores/as da academia, que explicarán a nosa metodoloxía de traballo. Estas clases están dirixidas tanto a persoas que nunca practicaron pádel como a xogadores/as xa iniciados, que poden ter interese en acudir á academia. Así, haberá dous niveis (iniciación e intermedio) e clases tantos para nenos/as como adultos.

 

Desta forma, poderedes reservar a vosa sesión a través da seguinte ligazón seleccionando a instalación (Barreiro ou Navia), o nivel do alumno/a (principiante ou intermedio), día e hora. Se o necesitades, Máis que Auga facilitaravos o material necesario, así que só tedes que vir con roupa cómoda para facer deporte e moitas ganas de pasalo ben. Aquí tedes a ligazón para realizar a inscrición.

A Academia de Pádel Máis que Auga naceu no ano 2011 coa apertura do centro de Barreiro e o seu complexo de pádel. Actualmente é a academia máis grande de Galicia cun total de 800 alumnos e alumnas.