DO 17 AO 22 DE XANEIRO VEN COÑECER O PÁDEL NA SEMANA DE PORTAS ABERTAS DE MÁIS QUE AUGA

12/01/2022

A Academia de pádel Máis que Auga celebrará do 17 ao 22 de xaneiro a Semana de Portas Abertas para nenos e adultos, na que poderás ter o teu primeiro contacto co pádel de forma gratuíta nas instalacións de Barreiro e Navia. Iso si, debedes inscribirvos canto antes, porque son prazas limitadas!

 

Estas clases (para nenos/as de 7 a 16 anos e adultos) están dirixidas a todo tipo de público, desde aqueles que nunca practicaron pádel a xogadores/as xa iniciados. En que consistirá? Será unha clase grupal, con adestradores/as da nosa academia, todos eles titulados, que vos permitirá coñecer a nosa metodoloxía de traballo. A inscrición debe realizarse na páxina web de Máis que Auga, seleccionando días e horarios preferentes, para poder organizar as clases. Os días laborais haberá horarios de mañá e de tarde, mentres que o sábado a xornada será matinal.

 

Na seguinte ligazón podes reservar a túa clase.

Máis que Auga comezou a celebrar a Semana de Portas Abertas hai xa máis de dez anos, no 2011, cunha media de participación de preto de 200 usuarios. Nesta década foron moitas as persoas que pasaron polas nosas instalacións, pero o que nunca cambia é a rapidez coa que o pádel engancha!  Así que vos animamos a achegarvos a coñecer un deporte social, ao alcance de todos e todas, xa que non se necesita unha gran forma física e no que tes asegurado grandes momentos e diversión.