DO 15 AO 19 DE XANEIRO, VEN COÑECER O PADEL NAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DE MÁIS QUE AUGA

09/01/2024

É xa unha tradición para comezar o ano! A Academia de Pádel Máis que Auga celebra no mes de xaneiro unhas xornadas de portas abertas para dar a posibilidade a aquelas persoas que teñen curiosidade polo pádel, de poder acudir a unha clase gratuíta, cos nosos técnicos na que coñecerán a nosa metodoloxía de traballo, así como un deporte social que namora. Lembra que son prazas limitadas, así que reserva a túa canto antes.

 

E cando é a cita? Do 15 ao 19 de xaneiro nas instalacións de Barreiro e de Navia. Estas xornadas están dirixidas aos adultos, aínda que hai algunha clase para nenos en Barreiro por se alguén se quere apuntar!

 

Haberá tres niveles. Descobre, para aquelas persoas que nunca colleron unha pa de pádel; Iniciación, para aquelas que si xogaron, pero non teñen un gran nivel; e Intermedio, para aqueles xogadores e xogadoras de pádel que queren coñecer o noso método de adestramento ou ben que o deixaron durante un tempo e queren retomalo e saber en que punto se atopan.

 

Será unha clase grupal, con adestradores/as da nosa academia, todos eles titulados, e nunhas instalacións que, sen dúbida, encantaranvos. A inscrición debe realizarse na páxina web de Máis que Auga, seleccionando días e horarios preferentes, para poder organizar as clases. Non necesitas ter pa propia, na propia instalación prestarémosche unha. Ti só terás que vir con roupa e calzado cómodos para facer deporte e, sobre todo, moitas ganas de pasalo ben.

 

Na seguinte ligazón podes reservar a túa clase.

Como comentabamos ao principio, esta é unha cita habitual, que se celebra en Máis que Auga desde o ano 2011. Ao longo destes anos, foron miles as persoas que pasaron polas nosas instalacións, e tamén moitas as que se engancharon a este deporte social, que está ao alcance de todas e todos porque para comezar a xogar e gozar non é necesario ter unha gran forma física. Así que, se queres dar os teus primeiros golpes coa pa nas Xornadas de Portas Abertas, reserva a túa clase canto antes, porque son prazas limitadas.