DO 13 AO 18 DE SETEMBRO COÑECE GRATIS O PÁDEL COA SEMANA DE PORTAS ABERTAS DE MÁIS QUE AUGA

07/09/2021

Do 13 ao 18 de setembro a Academia de Pádel Máis que Auga celebrará a Semana de Portas Abertas, na que tanto nenos como adultos poderán recibir clases de balde nas instalacións de Barreiro e Navia. Se queredes achegarvos a este deporte e coñecer á familia padeleira Máis que Auga, tedes que inscribirvos canto antes na páxina web de Máis que Auga porque son prazas limitadas.

 

Estas clases están dirixidas tanto a persoas que nunca practicaron pádel como a xogadores/as xa iniciados,  que poden ter interese en acudir á academia. En que consistirá? Será unha clase grupal, con adestradores/as da nosa academia, todos eles titulados,  que os permitirá coñecer a nosa metodoloxía de traballo. Esta actividade desenvolverase nos niveis de iniciación e intermedio para os adultos e tamén haberá para nenos/as (a partir de 7 anos). Por suposto, cumpriremos o protocolo de prevención polo COVID-19, establecido polas autoridades sanitarias.

 

Para apuntarvos á Semana de Portas Abertas debedes realizar a inscrición a través da  páxina web de Máis que Auga, indicando días e horarios preferentes, para poder organizar as clases.  Non necesitas nada máis que gañas de pasalo ben, porque nós te prestamos o material necesario. Aquí tedes o enlace para realizar a inscrición.

Máis que Auga comezou coa Semana de Portas Abertas en 2011, coa apertura do centro de Barreiro e as súas instalacións de pádel e a resposta do público é sempre excepcional. Con esta acción, queremos dar a coñecer aínda máis un deporte xa moi implantado na nosa cidade, por ser unha actividade deportiva e de ocio, para compartir con familia e amigos e sen que sexa necesario ter unha excepcional preparación física. Esperámosvos en Máis que Auga!