DO 12 AO 18 DE SETEMBRO, SEMANA DE PORTAS ABERTAS DE PÁDEL EN MÁIS QUE AUGA

05/09/2022

Como sempre, no mes de setembro a Academia de Pádel Máis que Auga celebrará a Semana de Portas Abertas, na que tanto nenos como adultos poderán recibir clases de balde nas instalacións de Barreiro e Navia. Nesta ocasión, do 12 ao 18 de setembro todas aquelas persoas que queiran achegarse a este deporte, poderán facelo de forma gratuíta e para iso só deberán inscribirse na páxina web de Máis que Auga (prazas limitadas).

 

En que consiste a actividade? Son clases en grupo, dirixidas por adestradores/a da academia e que explicarán a nosa metodoloxía de traballo. Estas clases están dirixidas tanto a persoas que nunca practicaron pádel como a xogadores/as xa iniciados,  que poden ter interese en acudir á academia. Esta actividade desenvolverase nos niveis de iniciación e intermedio para os adultos e tamén haberá para nenos/as.

 

Para apuntarvos á Semana de Portas Abertas debedes realizar a inscrición a través da  páxina web de Máis que Auga, seleccionando centro, días e horarios preferentes. Non vos despistedes porque son prazas limitadas e pecharase cando se complete o aforo. Como todos os anos, dende Máis que Auga vos facilitaremos o material necesario, así que só tedes que vir con roupa cómoda para facer deporte e moitas ganas de pasalo ben. Aquí tedes o enlace para realizar a inscrición.

Máis que Auga comezou coa Semana de Portas Abertas en 2011, coa apertura do centro de Barreiro e as súas instalacións de pádel e a resposta do público é sempre excepcional, con xente interesada en coñecer un deporte que está xa moi implantado na nosa cidade.