Disfrázate e fai máscaras de entroido con Máis que Peques!

28/01/2016

Máis que Peques Navia xa ten preparada a programación para o entroido. A partir do día 5 de febreiro os máis pequenos da casa atoparán no noso centro de ocio un punto de encontro para disfrazarse, xogar e participar en obradoiros.

O día grande é o 5 de febreiro no que celebramos o Máis que entroido con desfile de disfraces, merenda e obradoiro de caretas e pintacaras. A actividade comezará ás 17.00 horas e terá un custe de 6 euros para nenas e nenos socios de Máis que Auga e de 8 euros para os non abonados. Ademais se es socia ou socio e traes á actividade a un non socio, terás un desconto do 50%. Podes inscribirte no seguinte  enlace.

Os días 8, 9 e 10 de febreiro teremos obradoiros de máscaras, disfraces e pintacaras ao longo de toda a xornada. Se queres deixar aos teus pequenos e pequenas nestas vacacións escolares podes facelo de 10.00 h a 13.00 horas pola mañá  e de 16.00 a 20.00 horas pola tarde. Neste caso podes facer uso da instalación no horario que necesites, sen reserva previa. So tes que acudir á instalación co neno/a e abonar o servizo (3 euros/hora para socios e 4 euros/hora non abonados).