Afecta a climatoloxía á hora de adestrar? Sen ningunha dúbida! Por iso as e os deportistas deben adaptar os seus adestramentos e a súa dieta á época do ano na que se atopen. Agora, en pleno verán, hai que cumprir unhas pautas básicas para seguir adestrando e rendendo ao máximo nivel.
– Beber moita auga. A hidratación antes e despois das sesións de traballo son fundamentais no verán, porque coa calor hai unha maior sudoración e pérdense minerais e auga.
– Comidas lixeiras e frescas. No verán, o mellor é apostar por comidas tépedas ou frías, e que sexan lixeiras.
– Froitas e verduras. Incorpora á túa alimentación froitas e verduras frescas.
Na ligazón tedes un artigo coas pautas básicas a seguir en canto á dieta na época estival.