Dez alimentos depuradores

30/07/2016

Non está de máis que axudemos o noso organismo a depurar coa inxesta de certos alimentos naturais propios do verán, polo que cando vaias a compra non olvides meter na cesta os seguintes alimentos:

  • Uva: contén un aporte de fibra que nos axuda a mellorar o tránsito intestinal e a súa vez reduce os índices de colesterol.
  • Mazá: o depurador natural máis eficaz axuda ademais a aumentar a sensación de saciedade.
  • Limón: ten propiedades antioxidantes así como mellora a función hepática do fígado.
  • Aguacate: contén numerosos nutrientes e unha alta cantidade de fibra polo que axuda a depurar as toxinas.
  • Apio: esta verdura é un excelente diurético, é rico en fibra e contén propiedades cardiocirculatorias para mellorar o fluxo sanguíneo.
  • Perexil: un condimento rico en antioxidantes que estimula a excreción tanto da agua coma do sodio.
  • Espinacas: a súa cantidade de auga e fibra facilita a desintoxicación pero ademais contén poucas calorías e aporta un gran número de nutrintes. 
  • Alcachofa: un excelente diurético para as persoas que sufren retención de líquidos.
  • Cebola: elimina líquidos e limpa os intestinos ademais de facilitar o funcionamento do fígado.
  • Granada: un bo diurético con poucos azucres, moita fibra, vitamina C e antioxidantes.

Estos son só algúns dos alimentos con aporte depurador pero hai moitos máis. A nosa dietista, Concepción Adrover, está a túa disposición reservando cita previa para axudarche a facer a lista da compra en función dos teus gustos e a estación do ano.