Despois dos excesos chega a dieta equilibrada

12/01/2017

A responsable do servizo de nutrición de Máís que Auga, Conchi Adrover danos algún consellos sobre a dieta alimenticia que debemos seguir nestes primeiros meses do ano para depurar todos os excesos que cometemos nas festas que acaban de rematar.  Unha dieta sana e equilibrada xunto a  práctica de exercicio e durmir ben son tres claves fundamentais para previr enfermidades crónicas.

No que atinxe aos consellos nutricionais para compensar o desequilibrio de meses pasados é importante que teñas en conta o seguinte:

Fai un bo almorzo: evita a bollería industrial que aporta grasas saturadas e moito azucre e opta por cereais  de grao enteiro, pan integral con xamón o con ovo e algo de froita.

Á hora de xantar reduce alimentos precocinados ricos en sal que reteñen líquidos e contribuén a aumentar a presión arterial. Evita alimentos ricos en azucres como refrescos, postres  e doces. Procura cociñar con aceite de oliva, reduce os fritos e as salsas e consume platos ao forno  ou á plancha.

Na cea  é importante que escollas platos lixeiros como verduras, espárragos, espinacas, alcachofa ou berenxenas: son más diuréticas, doadas de dixerir e ricas en minerais.