Grupo de personas realizando estiramientos en un gimnasio de Vigo

Despois de adestrar: estirar!

20/01/2017

En Máis que Auga non queremos que pases por alto a importancia dos estiramentos despois de cada adestramento. Estirar é a hixiene do noso exercicio cotidiano, por eso contamos cunha actividade específica: estiramento express, que ten unha duración de entre 20 e 30 minutos e se realiza na sala fitness. As clases anunciánse por megafonía momentos antes de comezar e poden participar todos os que queiran e que por ese día teñan rematado o seu adestramento.

Estirar despois de adestrar é fundamental para que os teus músculos recuperen a súa posición inicial e podan estar preparados  para o adestramento do día seguinte. Os estiramentos axúdante a previr lesións, reducen o risco de sobrecargas e  melloran a elasticidade.

Máis cousas polas que non debes esquecer estirar despois de facer exercicio?  Evítanse molestias como os calambres. Os calambres prodúcense pola ausencia de minerais no texido muscular e ao estirar o que fas é facilitar que os minerais  cheguen ao músculo.

O estiramento express é tamén moi importante para conseguir relaxarte despois da práctica deportiva.  Esta actividade está dirixida por un dos nosos técnicos e é de balde.