Deporte na casa para todos con Máis que Auga!

18/03/2020

Ante esta situación de alarma sanitaria, Máis que Auga non pode permanecer inactiva e por iso, da un paso adiante cunha acción pensada para todos os cidadáns vigueses. Así, dende hoxe teremos na nosa web unha serie de vídeos de adestramentos, realizados polos nosos técnicos, para que todo o que queira poida gozar deles de forma totalmente gratuíta ata o próximo día 31 de marzo.

 

Así, poderedes facer unha sesión de zumba con Charles ou Sandra; seguir o ritmo de Javi V. ou Jesús nas súas clases de Body Combat ou apostar polo taekwondo infantil da man de María Bautista. E tamén contaremos coas nosas clases de pilates, hipresivos ou estiramentos. Para todos os gustos e idades, e adaptados para que poidamos facelo no salón de casa ou no pasillo.

Máis que Auga, dende a súa fundación fai preto de dez anos, apostou por cumprir coa súa responsabilidade social e adquiriu un compromiso coa sociedade viguesa, que agora está más presente que nunca. Por iso, queremos ofrecer en aberto estas alternativas deportivas e de entretemento neste momento de “peche colectivo en casa”.