Deporte máis alá dos 60

11/11/2016

Máis que Auga  ten sempre moi en conta as idades e condicións físicas de todos os seus socios á hora de programar as actividades.  A actividade física na auga é unha clase pensada e deseñada para maiores de 60 anos sen problemas físicos graves nin lesións.  Impártese nos tres centros Máis que Auga de Barreiro, Coia e Navia.

A actividade física na auga  mellora a condición física  e aumenta a calidade de vida mediante a práctica deportiva e fai que sexa un hábito diario máis. Tamén aumenta a autoestima e reduce o nivel de estrés. Os  alumnos mantéñense en forma a través dun traballo suave no que se combinan exercicios aeróbicos de tonificación e flexibilidade

Máis que Auga busca varios obxectivos con estas clases:

  • Favorecer a mobilidade, o equilibrio e a flexibilidade
  • Potenciar o tono da musculatura para previr lesións
  • Mellorar a postura
  • Favorecer as relacións interpersoais entre os alumnos
  • Realizar unha actividad física motivante e gratificante nun bo ambente lúdico
  • Reducir  dores relacionado con patoloxías óseas como a artrose ou artrite