Usuarios practicando boxeo en gimnasio Vigo

Demostra quen é o mellor cos puños!

23/04/2017

Xa sabedes que en Máis que Auga os retos son a nosa obsesión. Queremos ter obxectivos, traballar para alcanzalos e, mentres o facemos, mellorar no camiño. Nas nosas instalacións o entusiasmo por superarse é contaxioso: por eso, de aquí a xuño temos prantexados novos desafíos para os nosos alumnos de boxeo.

Os retos marcados para estes meses son: Saco, Manoplas e Punching Ball. O último venres de cada mes se realiza unha proba na que entre xuíces, adestrador e os propios alumnos se vota cal é o mellor.  Por suposto que hai premio para tanto esforzo: quen chegue á final e acade os mellores resultados conseguirá tres mensualidades gratis para a actividade na seguinte tempada. O segundo, dúas mensualidades e o terceiro unha.

Na proba se valora a técnica de ataque e defensa, a potencia e tamén se terá en conta a cantidade de tempo que o alumno leva adestrando. Cada mes os alumnos traballarán na proba prantexada e perfeccionarán a súa técnica para conseguir acadar os mellores resultados.

A proba se realiza nas instalacións de Máis que Auga e poden participar todos os alumnos de boxeo. Cada alumno pode convidar a un amigo para que participe na clase e se quede a velo durante a proba. Es quen de aceptar os desafíos?