DO 10 AO 14 DE ABRIL, MAÑÁS DE PORTAS ABERTAS DE PÁDEL

03/04/2023

Do 10 ao 14 de abril celebraranse, nas instalacións de Barreiro e Navia, unhas xornadas matinais de portas abertas de pádel para adultos. As persoas interesadas en achegarse a este deporte, poderán facelo de forma gratuíta e para iso só deberán inscribirse na páxina web de Máis que Auga (prazas limitadas).

 

O obxectivo destas matinais de pádel é dar a coñecer este deporte e a nosa metodoloxía de ensino a aquelas persoas que teñan as mañás libres ou que, polos seus horarios de traballo, lles veña mellor acudir ás clases pola mañá.

 

En que consiste a actividade? Son clases en grupo, dirixidas por adestradores/as da academia, que explicarán a nosa metodoloxía de traballo. Estas clases están dirixidas tanto a persoas que nunca practicaron pádel como a xogadores/as xa iniciados, que poden ter interese en acudir á academia.

 

Desta forma, poderedes reservar a vosa clase a través da seguinte ligazón seleccionando a instalación (Barreiro ou Navia), o nivel do alumno/a (principiante ou intermedio), día e hora. Desde Máis que Auga, se o necesitades, facilitarémosvos o material necesario, así que só tedes que vir con roupa cómoda para facer deporte e moitas ganas de pasalo ben. Aquí tedes a ligazón para realizar a inscrición.

A Academia de Pádel Máis que Auga, que naceu no ano 2011 coa apertura do centro de Barreiro e o seu complexo de pádel, é a máis grande de Galicia cun total de 800 alumnos e alumnas.