De Nadal co equipo Máis que Auga

21/12/2018

Son 120 persoas as que forman o equipo profesional Máis que Auga. En Navia, Barreiro e Coia, eles e elas sempre están dispostos a axudarche, asesorarte e coidarte para que a túa experiencia nos centros sexa óptima. Son os que se encargan das túas pautas de adestramento, os que poñen a punto as máquinas que utilizas día a día, os que atenden as túas chamadas e te orientan e, en definitiva, os que sempre están aí.

Nestas datas, hai unha parte do equipo que afronta un reto moi importante. A chegada do Nadal é, para os nosos técnicos, unha época moi activa, na que dan o mellor de si mesmos para ofrecerche os mellores consellos e idear os adestramentos que mellor se axustan á túa demanda. Dende exercicios personalizados ata actividades dirixidas coma o core, que che axuda a tonificar a zona abdominal; bike, coa que non paras de queimar calorías; ou natación, un dos exercicios máis completos que hai. O noso equipo acompáñate ata neses días nos que resulta máis difícil manterse en forma.

Pero non só iso. O Nadal é unha época de ledicia e celebración e, neste sentido, o noso equipo profesional tamén é o mellor. Ao longo destas semanas está a traballar moito para que goces desta festa ao máximo xunto coa familia Máis que Auga. No que vai de celebración xa cantamos xuntos panxoliñas, recibimos a visita de Papá Noel e de Mamá Noel, decoramos os tres centros con fermosas árbores e moita, moita cor… e aínda o que nos queda!

Avecíñanse momentos moi fermosos, risos a esgalla e unha chea de diversión da man do noso equipo. Dá gusto facer deporte, non si?