Usuaria haciendo ejercicios de espalda en piscinas Vigo

Coida as túas costas en Máis que Auga

12/05/2017

Sandra González é usuaria de Máis que Auga Navia, habitual das clases de aquatraining e dos cursos de natación de perfecciona.  Sandra levaba tempo con dor muscular, así que en canto escoitou falar dunha nova actividade que tiña por nome Costas Sas non o dubidou nin un segundo e informouse sobre ela.

O primeiro que fixo Sandra foi pedir unha cita para ter unha revisión no noso servizo de fisioterapia con Natalia de Bourbón. Despois de examinala e obter unha diagnose da súa doenza, a nosa fisio fíxolle unha ficha con todos os exercicios que debería facer na auga para axudarlle a eliminar a contractura. A partir de aí  púxose nas mans de Carlota que é unha das técnicas que imparte esta actividade, e agora mesmo a contractura desapareceu

“Foi un cambio moi positivo, tráballase moi ben e a clase resulta moi efectiva. Unha das cousas que máis me gusta da clase é que estás moi controlada e a atención é moi personalizada” explica Sandra.

Costas Sas é unha actividade que se desenvolve na piscina pequena de Navia. Leva pouco máis dun mes funcionando pero quen a probou xa nota os resultados: éste é o caso de Sandra. Na actividade poden participar  8 persoas como máximo e para acceder a ela e é imprescindible ser socio de Máis que Auga. O custo é de 20 euros ao mes por un día á semana e as clases, de 45 minutos, son:

Martes: 11.45h.

Xoves: 11.45h.