Corre nas 24 horas de Vigo

03/08/2016

O 27 e o 28 de agosto celébrase no parque de Castrelos a III Edición da Carreira Popular das 24 horas de Vigo na que Máis que Auga colabora e participa. O obxetivo principal desta consiste en sumar o maior número de voltas ó percorrido delimitado de un kilómetro.

Os participantes, maiores de 18 anos, deben dispor dunha boa formación física para afrontar a proba sen ningún percance. A proba podese facer de forma individual ou por equipos. Máis que Auga ten constituídos cinco equipos de 12 participantes cada un pero ata o 5 de agosto aínda queda espazo para se inscribir.

24 horas seguidas nas que as carreiras por relevo son as protagonistas e nas que cada equipo se xestiona os relevos como considere máis oportuno. Sen interrupcións, só co límite dun día para desfrutar do exercicio ao aire libre. Pouco hai máis saudable e natural.