As coreos de ‘Les Mills’ soben de nivel en Máis que Auga

08/11/2018

As clases de BodyPump e BodyCombat en Máis que Auga inxectaron un plus de tonificación, dinamismo e diversión nas nosas actividades dirixidas.

Os centros de Barreiro, Coia e Navia volven agora a carga coa posta en marcha das novas coreografías, presentadas nunha masterclass simultánea nas tres instalacións.

Estes dous primeiros meses de traballo con Les Mills estiveron precedidos das correspondentes sesións de formación a cargo de instrutores acreditados. Pero nada como o contacto directo cos participantes nas clases de Body Pump ou Body Combat para subir o nivel. “A soltura que colles coa práctica e a repetición aumenta o dinamismp e a diversión” di Juan Carballal que imparte Body Pump en Navia. Tamén Javier Vázquez, técnico de Body Combat en Coia, opina que “a evolución técnica permite gozar máis da actividade”.

Como explica Eva Sánchez, técnica de Body Combat tamén en Coia, “fai falta moito traballo de memorización e adestramento para conseguir un exercicio fluído”. O resto ven da man dos participantes na sesión que son na súa maioría mulleres. “Notan moito como progresan na actividade e sempre queren máis” di Flavia Ozinete das clases de Body Pump. Eva e Javier coinciden en indicar que usuarios e usuarias “empezan a sentirse parte da tribu Les Mills”.

A clave da metodoloxía Les Mills é a obtención dos mellores resultados físicos nun tempo récord. A queima de calorías (unhas 600 en cada sesión de adestramento), sumada á diversión grupal con música e a mellora da forza, a resistencia e a tonificación muscular son as razóns do éxito desta metodoloxía de adestramento en todo o mundo.

Esa identificación entre técnico e asistentes converte as clases de Body Pump ou Body Combat nunha especie de celebración moi dinámica, divertida e participativa. Como indica Manuel Fidalgo: “cando todo funciona podes centrarte nos elementos precisos do exercicio, anticiparte a coreo e corrixir movementos sen ter que estar pendente da música”.

Máis que Auga ofrece neste momento 13 clases de Body Combat e 22 de Body Combat nas súas instalacións. Podes consultar os horarios dispoñibles nas páxinas de Barreiro, Coia e Navia.