Conxelamos as cotas ata que volvamos abrir as portas

17/03/2020

Nestes complicados días para todas e todos as prioridades son máis claras.  Máis que  Auga sempre tivo moi claro que a súa prioridade eran os seus abonados e iso refórzase aínda máis nesta situación de emerxencia. Por iso, a empresa quere pedir a toda a súa masa social que non se dea de baixa durante esta crise sanitaria xa que “se a instalación está pechada, non se pasará recibo algún”. Desta forma, as cotas permanecerán “conxeladas” ata que podamos volver abrir as portas dos nosos centros de Barreiro,  Coia e Navia. E asegurámosvos que volveremos con máis forza que nunca!

 

Ademais, nos próximos días presentaranse alternativas para compensarvos eses días de marzo nos que non pudistéis acudir ás nosas instalacións ao atoparse pechadas polo estado de alarma decretado polo Goberno central con motivo da pandemia do  COVID-19.

 

Máis que Auga xa puxo en marcha iniciativas para seguir ao voso lado durante estas semanas de peche, grazas aos vídeos de adestramento que tedes á vosa disposición na APP, así como a oferta que vos presentamos en  Casagym.

 

Queremos vervos adestrar e gozar en familia na vosa casa xunto aos vosos monitores de sempre!