Contra o sedentarismo infantil, exercicios para todos os gustos

21/03/2019

Os pequenos da casa xa non se moven coma antes. Para moitos, a súa rutina xa non está na rúa, brincando polos parques e camiños, senón diante dunha pantalla. Os nenos e nenas pasan gran parte do tempo sentados: dende as horas de colexio pola mañá, ata as tardes xogando coa videoconsola. E, por iso, é importante animalos a practicar actividades estimulantes que melloren o seu nivel psicomotriz.

En Máis que Auga temos diferentes actividades que abranguen idades dende os 0 aos 17 anos, para que non deixen de moverse. Trátase de wodfit, zumba, pilates, taekwondo, fit babies, ou piscina. En cada unha delas, os pequenos poden potenciar as súas habilidades particulares e saír da rutina. “Al principio algunos no eran capaces ni de ponerse de cuclillas”, sinala Alejandro Pérez, técnico de sala nas instalacións de Navia, quen foi testemuña dos progresos de moitos dos pequenos aos que lles dá clase.

E saír do sedentarismo non lles foi complicado. En actividades coma wodfit traballan por obxectivos, de xeito que os máis pequenos desenvolven habilidades psicomotrices básicas mediante saltos, exercicios de equilibrio ou axilidade, para mellorar a súa forza e resistencia de xeito pautado, habituándose ao movemento mediante xogos, nos que os técnicos Máis que Auga respetan o ritmo de cada neno. Os máis maiores van un paso máis alá, e adestran na sala fitness, en moitas ocasións ao carón dos seus pais e nais. Cunha rutina de traballo adaptada, adquiren habilidades físicas que perseguen un rendemento, facendo incluso exercicios de halterofilia sen carga. O traballo en grupo e o obxectivo de participar en diferentes probas resúltalles do máis motivador.

Actividades coma zumba permiten que os cativos fagan deporte case sen enterarse, a través do baile e dos xogos, e noutras coma taekwondo, traballan por obxectivos en función das habilidades adquiridas. No caso de pilates, os pequenos e pequenas melloran o seu nivel postural, e desenvolven unha forza básica dun xeito máis disciplinado.

“Los niños y niñas que asisten a las clases han mejorado muchísimo. En mi clase ellos mismos dirigen su propio calentamiento y estiramiento. No se puede comparar al estado en el que llegaron aqí”, destaca Pérez. E é que o deporte é necesario a todas as idades.