CONSELLOS REALISTAS PARA RETOMAR A ACTIVIDADE FÍSICA DESPOIS DUN LONGO PARÓN

21/01/2023

Sabemos que no inicio do ano é habitual a toma de “medidas” para mellorar o noso estado de saúde, de aspecto ou de ánimo. E tamén sabemos que moitas veces ese regreso, por acelerado e sen ter en conta a situación inicial, tradúcense en fracasos, abandonos e, ás veces, lesións.

 

Por iso, tentamos transmitirvos sempre consellos sobre como volver ao ximnasio ou á práctica de actividade física de forma segura. Estes días, atopamos un artigo moi interesante en El País que queremos compartir convosco. Nel, os expertos ofrecen orientación para non abandonar antes de tempo e empezar a utilizar o exercicio como unha medicina.

 

E é que os datos seguen mostrando que queda moito por mellorar. Unha revisión de estudos publicada recentemente por investigadores da Universidade Pública de Navarra, no British Journal of Sports Medicine, na que se analizaban datos de 32 países e máis de tres millóns de persoas, mostraba que só una de cada cinco persoas cumpría coas recomendacións de exercicio semanal da Organización Mundial da Saúde.

 

Un dos autores do estudo, o director do Departamento de Ciencias da Saúde da UPNA, Mikel Izquierdo, lembraba que “se cada persoa fixese eses 150 minutos de exercicio semanal, que é algo que pode ser andar en bicicleta ou camiñar rápido, a un ritmo que nos impide manter unha conversación, os beneficios para a saúde serían enormes”. Outro traballo publicado o pasado mes de novembro, mostraba que mesmo cunha cantidade de exercicio menor xa se poden ver os resultados en canto á redución do risco de morte prematura.

 

E ao pedir consellos aos especialistas sobre a volta ao traballo físico, varios coinciden en que un dos problemas é que empezamos con tantas ganas e ímpeto, que non escoitamos ao corpo e forzamos máis do debido, chegando moitas veces a provocar lesións.

 

Por iso, o primeiro gran consello é un inicio conservador. Alejandro Lucía, investigador en Actividade Física e Saúde da Universidade Europea de Madrid, incide en que “hai que empezar con moita tranquilidade e pensando en pequenos cambios que se poidan manter a longo prazo”.

 

Axuda profesional. Un dos consellos máis repetido polos especialistas:  Buscar axuda de profesionais, xa sexa en centros de adestramento privados ou en polideportivos públicos, que che guíe no camiño, cun plan de adestramento adaptado a ti.

 

Exercicio de forza. Nese plan de exercicio, debería haber, segundo Pilar Sainz de Varanda, catedrática de Educación Física e Deportiva da Universidade de Murcia, “unha parte cardiovascular, como correr ou andar en bicicleta, unha parte de flexibilidade, cuns estiramentos dinámicos, e unha parte de forza”, co uso de pesas ou do propio peso do corpo.

 

Adherencia. Se cumpres cos obxectivos anteriores, poderás chegar a conseguir que o deporte forme parte do teu día a día, pero iso é necesario, un tempo e un traballo ben feito.

 

Deporte como medicina. A pesar de todo, o certo é que, aos poucos, apréciase un cambio na mentalidade e empézase a ver o exercicio como unha medicina eficaz fronte a moitas enfermidades e neste caso, sen efectos secundarios.

 

Sen dúbida un artigo moi interesante, que nos gustaría compartir contigo. Podes lelo íntegro na seguinte ligazón.