CONSEGUE MESES GRATIS EN MÁIS QUE AUGA, SE OS TEUS AMIGOS SE FAN SOCIOS DA TÚA PARTE

24/10/2022

Neste mes de outubro, aos nosos abonados/as ofrecémoslles a posibilidade de conseguir meses de ximnasio gratis. E como? Se unha persoa chega a Máis que Auga a darse de alta e di que vén da túa parte, ti aforrarás a cota dun mes de abonado/a. A promoción gústanos si, pero aínda pode ser mellor! E se no canto dun amigo/a, chegan varios? Pois por cada novo socio/a, un mes gratis para ti! Un, dous, tres…. Non hai límite de amigos!

 

A promoción estará activa ata o 28 de outubro, polo que aínda poderás aproveitar esta oferta, que será beneficiosa tanto para ti como para o teu amigo/a, xa que o novo socio tamén terá os seus beneficios, ao recibir o PACK VIVE. Contámosche en que consiste:

 

O teu amigo/a terá o que resta de outubro e o mes de xaneiro gratis (iso si, abonará a matrícula); recibirá asesoramento inicial personalizado; poderá gozar dunha subscrición gratis de tres meses ao plan de alimentación e ademais recibirá un bidón de auga Máis que Auga.

 

Se necesitas ampliar a información, podes consultar connosco na recepción de calquera dos nosos centros.

 

*Promoción NON válida dando de alta integrantes en cota familiar.

*Promoción vixente ata o 28 de outubro.