Conectado sempre ó teu adestramento

06/08/2016

Todo comeza cun obxetivo. Queres mellorar unha parte do teu corpo pero non sabes cales son os exercicios que che poden axudar a conseguir a túa meta? Máis que Auga incorpora a tecnoloxía trainingym que che permite visualizar o teu adestramento no momento e no lugar que ti queiras.

Trainingym é un conxunto de aplicacións específicas para ximnasios que lle ofrecen ó usuario, de forma rápida e sinxela, a rutina diaria tanto nas pantallas do ximnasio de Máis que Auga como no propio teléfono móvil. Adestramentos, control de peso e actividades na rede para que non perdas tempo. Ademais, esta innovadora tecnoloxía está acompañada dun seguimento exhaustivo por parte dos nosos técnicos licenciados en Ciencias da actividade física e o deporte.

Unha vez que entras en Máis que Auga só tes que subir á báscula e contarlle os nosos técnicos o aspecto ou partes do corpo que queres potenciar. Logo pos en práctica a rutina que che marcamos na aplicación de trainingym e, como explica Marco no vídeo que podes ver a continuación, cada 21 días revisamos o teu avance para que xuntos logremos pasar a liña de meta. O camiño cara o éxito está máis cerca do que imaxinas.