COÑECEDES AS ACTIVIDADES DE NAVIA PARA OS MÁIS PEQUENOS?

10/11/2022

O deporte é fundamental na nosa vida en todas as franxas de idade, por iso en Máis que Auga Navia desde o mes de abril púxose en marcha unha nova programación de actividades para os máis pequenos e, co inicio da nova tempada 22/23, incorporáronse aínda máis clases para cubrir todos os gustos e necesidades.

 

Unha das actividades que máis está a gustar aos pequenos é a clase de bike, xa que os nenos/as divírtense ao máximo na sala, coas luces, a música e o apoio dos nosos monitores. O único requisito esixido é que os participantes midan máis de 1,40 para poder chegar con facilidade aos pedais.

 

Para os máis pequenos (de 4 a 8 anos) temos Actívate kids, unha actividade na que se traballa a psicomotricidade, para ensinarlles a moverse, e da forma correcta, para que, se fan unha sentadiña, a fagan correctamente.

 

Seguimos con outra das novidades, Tik Tok Dance, unha actividade moi actual e atractiva para o público ao que vai dirixido (de 9 a 14 anos). Cóntanos a súa técnica Carla Campos en que consiste a clase: “Preparamos dous ou tres bailes de Tik Tok, que ás veces os traen os propios alumnos e outras son eu quen os propoño”. É algo que lles encanta aos pequenos xa que son bailes virais que están nos seus colexios e nos seus grupos de amigos. A clase comeza cun quecemento, despois dedícanse a preparar os bailes e finalizan cun xogo, baile libre ou o que máis lles apeteza.

 

Carla tamén é a técnica de Urban Dance, que ten a súa versión para os kids (de 4 a 8 anos) e júnior (de 9 a 14) . É outra actividade moi adecuada a estas idades, na que preparan unha coreografía con pasos de baile e unha mestura de danzas urbanas. No caso dos kids, non se fai baile toda a hora, xa que son moi pequenos, pero tamén se realizan xogos e gozan ao máximo.

 

Aquí tedes o calendario das actividades para nenos/as en Máis que Auga Navia!