Instalaciones de Máis que Auga gimnasio en Vigo

Coñece todo o que te ofrece Máis que Auga: o teu ximnasio en Vigo

08/06/2017

Sen ningunha dúbida Máis que Auga é o teu ximnasio en Vigo. Contamos con tres completas instalacións en Barreiro, Coia e Navia dende as que damos servizo á maior parte da poboación viguesa. Dende os  nosos centros promovemos o deporte e a saúde e neles podes realizar todo tipo de prácticas deportivas e probar as útlimas tendendencias en fitness

A filosofía de Máis que Auga é a de persoas que atenden a persoas. Por eso contamos cun equipo de 120  profesionais altamente cualificados e especializados, que en todo momento están pendentes dos nosos usuarios, seguendo a súa evolución, ofrecéndolles asesoramento e marcándolles unha folla de ruta nos seus adestramentos. Para nós non es un número de abonado:  sabemos o teu nome, sabemos cal é o teu obxectivo e axudámoste a conseguilo.

Máis razóns polas que Máis que Auga é o teu ximnasio en Vigo? As nosas instalacións contan con amplas salas de fitness e  varias salas de actividades dirixidas, onde os usuarios poden desfrutar dun amplo abano de actividades gratuitas que entran dentro do abono: zumba, power, step, gap, prepilates e un longo etcétera que podes consultar aquí, na nosa web maisqueauga.com Todos os usuarios dispoñen tamén dunha ampla gama de cursos mensuais con actividades do máis diversas e cos prezos máis competitivos dentro do mercado de ximnasios en Vigo.

Máis vantaxes do teu ximnasio en Vigo

O noso nome Máis que Auga é xa unha referencia dentro dos ximnasios de Vigo e reflicte o noso ADN. Para nós é vital todo o deporte e exercicio que se pode practicar na auga e para elo temos unha inmellorable infraestructura. Cada un dos nosos centros  conta con dúas piscinas: unha grande de 25 metros con rúas diferenciadas por niveis, nas que se pode practicar tanto o nado libre como os adestramentos personalizados. Tamén conta cunha piscina pequena de 15 metros onde se practica todo tipo de fitness na auga: zumbauga, aquatraining, aquagym e embarazauga. Por suposto contamos con programas de natación para todos os niveis tanto para adultos como para nenos.

Máis de 6. 000 cursillistas, entre nenos e adultos pasan polas piscinas de Máis que Auga para aprender a nadar, mellorar o nivel que teñen ou perfeccionar ao máximo a súa técnica para ter un alto rendemento. Contamos cos mellores profesionais e con nós adestran deportistas da talla de Chano Rodríguez e Susana Rodríguez Gacio que o ano pasado participaron nas paraolimpiadas de Río.

Na zona de auga temos tamén unha spa no que podes vir relaxarte o tempo que queiras. Podes desfrutar de jacuzzi, camas de auga, chorros e cascadas. No spa hai  unha zona de cabinas no que podes gozar dunha ducha de esencias, fonte de xeo, sauna finlandesa e sauna de vapor.

Máis que Auga é a cadena local de ximnasios máis completa en Vigo. Os centros de Barreiro e Navia dispoñen de 8 pistas de pádel cada un. Ademáis a instalación de Navia contan cun centro de ocio para nenos, Máis que Peques, na que os fillos dos usuarios poden gozar xogando mentres os seus pais fan deporte nas nosas instalacións.

Daste conta de por qué Máis que Auga é o teu ximnasio en Vigo?