Coñece os beneficios do boxeo en Máis que Auga

18/02/2018

Cantas veces algún de nós, nalgún momento de estrés e tensión quereríamos ter diante un saco de boxeo  para darlle golpes e liberar esa carga acumulada ao longo do día? Rafa, Laura, Juan e Xurxo o pensaron moitas veces e optaron por  poñerlle remedio: dende hai un ano os catro acuden as clases de boxeo que imparte Víctor Lage en Máis que Auga Navia.

Todos coinciden en que rematar o día practicando boxeo e moi liberador  pero apuntan outros beneficios que este deporte lles aporta:  Juan sinte que ten máis fondo, Laura é máis rápida nas súas reflexións  e Rafa e Xurxo aseguran que a súa coordinación mellorou moito.

En Máis que Auga estamos sempre atentos a todas as tendencias, disciplinas e prácticas deportivas que reportan beneficios tanto para a saúde física como psíquica e o boxeo é unha delas.

Á contra do que algúns podan pensar o boxeo non é un deporte agresivo nin se practica só para combatir: é un deporte moi complexo no que se traballa a coordinación e o autocontrol do corpo e da mente. Tamén mellora o sentido do equilibrio e fortalece o corazón grazas ao traballo cardiovascular que se fai nos adestramentos. O boxeo é un exercicio aeróbico no que  se queima  unha grande cantidade de graxa no adestramento como saltar á combar ou os golpes ao saco

Boxear tamén incrementa a seguridade, confianza e autoestima ao traballar con elementos da defensa persoal. Podes apuntarte ás nosas clases tanto nas instalacións de Máis que Auga de Coia e Navia e consultar os horarios e tarifas na web maisqueauga.com