Coñece as afeccións dos nosos técnicos: Música, pintura, parkour e moito máis!

12/05/2020

Eles e elas son o noso corazón nas instalacións de Máis que Auga. Os que te animan a facer deporte, a esixirte un pouco máis, a ter a postura correcta… Pero que fan fóra de Máis que Auga? Credes que so fan deporte? Pois non! Onte nunha webinar Dani Iglesias, Alfonso Fernández, Dani Richarte e Pablo Gestido contáronnos algunhas das súas afeccións, con Rebe Ruibal como mestra de cerimonias.

 

Dani Iglesias, técnico de Navia, durante este tempo de confinamento lanzouse a unha actividade chea de humor e de imaxinación. Comezou a facer vídeos curtos de calquera tema para os que creou un personaxe, Jony, que arrasa nas redes sociais. “O Jony é fantasía… Estás na túa casa, creas un personaxe para pasalo ben e agora o Jony é influencer!”, chancea Dani, que ten outra afección moito máis interiorizada, xa que ven de “vello”. Dani é gaiteiro! Estivo nunha banda durante dez anos, unha afección que lle chegou a través do seu primo, que tocou no grupo A Roda.

 

A pesar do confinamento, Dani adelgazou tres quilos e explicou o motivo. “Comecei facendo moito deporte na casa, pero despois, co paso das semanas, a verdade é que me desmotivei un pouco, así que pasei a controlar un pouco máis a comida, e iso se notou na báscula”. Como todos, está desexando regresar ao ximnasio, para ver aos compis e usuarios.

 

Alfonso Fernández Pousa, técnico de Barreiro, leva 14 anos facendo parkour e con esta afección viaxou por Europa para participar en exhibicións. “Comecei a adestrar con xente na Praza da Miñoca e despois xa pola miña conta. Grazas ao parkour viaxei por España e por Europa. Estiven un ano en Italia. A verdade é que aos meus mellores amigos os coñecín grazas ao parkour”.

 

Pero non é a súa única afección! Ademais, a Alfonso encántalle a fotografía e algo un pouco menos coñecido: O simracing, que ven sendo un simuladores de coches, co que compite en trazados virtuais.

 

Como case todos, Alfonso engordou un pouco durante o confinamento (2 quilos) e recoñece que “me como os dedos coas ganas que teño de volver ao ximnasio”

 

E seguimos con Dani Richarte, técnico de Navia, quen ten unha afección desde neno, que está explotando durante esas semanas. “Dende pequeniño, no cole, había dúas cosas que se me daban moi ben: O deporte (fútbol, baloncesto, atletismo…) e pintar”. Incluso foi a academias para seguir mellorando e agora, durante o confinamento, está gozando e moito co debuxo.

 

Pero dende hai pouco ten un novo entretemento, que chegou da man de Juan, compañeiro de MQA. “Comecei a facer pequenas cousas con Troula. É un reto para min… Ver se son capaz de camiñar en zancos de dous metros e non matarme! O monociclo estame costando máis, é moi grande, pero aí estamos!”.

 

Dani non ten báscula na casa, así que non podemos saber se engordou, pero el, que mide estas cousas por sensacións, non as ten de todo malas, en parte, porque “estiven adestrando, aínda que boto moito de menos correr, ir en bicicleta e nadar”.

 

E rematamos a visita polas casas dos nosos técnicos, con Pablo Gestido (ex MQA Barreiro e agora en MeuFit). Pablo é outra das nosas sorpresas, xa que temos un músico! Ademais de que hai uns meses está a practicar cun baixo que lle regalaron no seu último cumpreanos, dende sempre lle gustou a música e cantar, aínda que lle da un pouco de vergoña facelo en público. Iso si, deixou todos os medos para presentarse hai moitos anos ao Téquele Show e incluso gañou, aínda que nunca recibiu o seu premio (unha entrada a Pluton Park!!).

 

Con Pablo descubrimos que leva sempre enriba unha bolsiña con algunhas sorpresas: “Uns paus que usa cando hai que improvisar unha batería para animar unha comida familiar, unha harmónica ou un micro inalámbrico”. Ahhh, e é un friqui dos festivais musicais! Tamén nos quedamos se saber se engordará, porque non usa báscula… E ben que fai!!!

 

E aínda tiñamos moitos máis plans que contar, pero quedamos sen tempo! Aquí tedes as propostas de Marta e Roque!

Estes son os plans de Marta e Roque!

No seguinte enlace tedes tedes a posibilidade de ver a charla gravada.