Coñece gratis a Academia de Pádel Máis que Auga do 13 ao 18 de xaneiro

07/01/2020

A Academia de pádel Máis que Auga celebrará do 13 ao 18 de xaneiro a Semana de Portas Abertas, na que tanto nenos como adultos poderán recibir clases de balde nas instalacións de Barreiro e Navia. Se queredes coñecer o pádel con Máis que Auga, só tedes que inscribirvos canto antes porque son prazas limitadas!!

 

Estas clases están dirixidas a todo tipo de público, dende as persoas que nunca practicaron pádel a xogadores/as xa iniciados,  que poden ter interese en acudir á academia. En que consistirá a proba? Será unha clase grupal, con adestradores/as da nosa academia, todos eles titulados,  que os permitirá coñecer a nosa metodoloxía de traballo. A xornada desenvolverase  nos niveis de iniciación e intermedio para os adultos e tamén de nenos/as.  A inscrición debe realizarse na páxina web de Máis que Auga, indicando días e horarios preferentes, para poder organizar as clases. Os días laborais haberá horarios de mañá e de tarde, mentres que o sábado a xornada será matinal.

 

Con esta acción, Máis que Auga pretende dar a coñecer un deporte cada vez máis instalado na nosa cidade, ao ser unha actividade deportiva e de ocio, para compartir con familia e amigos e sen que sexa necesario ter unha enorme forma física.

 

Máis que Auga comezou a celebrar a Semana de Portas Abertas no ano 2011 (cunha media de participación de preto de 200 usuarios) e sempre resulta moi interesante ver como o pádel enseguida engancha! Animádevos a probar!