COMUNICADO MÁIS QUE AUGA: DOGA 4 DE NOVEMBRO

06/11/2020

Trala última orde publicada no Diario Oficial de Galicia e a solicitude de aclaracións á Xunta de Galicia sen resposta, a situación actual é a seguinte: Dende o sábado 7 de novembro continuarán todas as actividades como ata agora, coas adaptacións que se marcan no DOGA do pasado 4 de novembro, coa única excepción dos cursos de pádel adultos, que non poderán continuar ata que rematen estas restricións (4 de decembro);  o centro de ocio infantil Máis que Peques, que pechará as súas portas, ademais de que haberá modificacións nas reservas de pádel.

 

Isto quere dicir que se manterán os cursos de natación e as clases de dirixidas, onde todos os participantes realizan un traballo individual, sen interacción co resto de asistentes, mantendo a distancia interpersoal durante o desenvolvemento da actividade e co uso obrigatorio da máscara en todo momento na instalación.

 

Na seguinte ligazón, podedes ler o comunicado no que se informa de como quedan as diferentes actividades, a partir do 7 de novembro.